12 Miradas

Programa de acción cultural

12 Miradas é un programa de acción cultural que ten como obxectivo fomentar a creatividade no ámbito das artes plásticas, o deseño e a arquitectura.

Xorde como programa catalizador dunha actitude inconformista e curiosa, á vez que xera un impacto positivo na sociedade e sobre o territorio: urbano e rural.

 

Este programa nace en 2015 baixo a dirección artística de Carlos Quintáns, sendo coordinado e impulsado por Laboratorio Vilaseco en colaboración con Corporación Hijos de Rivera desde 2017.

O programa inclúe talleres, charlas, residencias, exposicións e bolsas ao redor das prácticas artísticas dos invitados, a quen se lles convida a reflexionar sobre a relación do contexto e o proceso creativo, facendo fincapé nos valores de respecto e convivencia coa contorna e as persoas que o habitan.

Entre os participantes atópanse Ignasi Aballí, Isaac Piñeiro, Irene Kopelman, Oliver Laxe, Fernanda Fragateiro, Javier Pena — Ibañez, Guillermo Santomá, Joan Fontcuberta, Cruz + Cruz, María Barros, Boa Mistura, Ellen Kooi…

+ VER WEB
Expo 12 Miradas con Irene Kopelman

Snapshots de Chantada, é a exposición colectiva que recolle os resultados do taller 12 Miradas con Irene Kopelman en colaboración co MUV FMJJ. Os/as artistas Andrea Dávila Rubio (Boiro, 1995), Carla Souto (A Coruña, 1994), Berio Molina (A Fonsagrada, 1979) e Mariña González Guerreiro (A Guarda, 1992) estiveron a traballar, guiados por Irene Kopelman, sobre o debuxo como maneira de coñecer e establecer contacto coa zona da Ribeira Sacra.

Biblioteca12_IgAb
tallerIsaac12M
MiradaIsaac