Galería Vilaseco é un espazo dedicado á investigación, produción e difusión da arte contemporánea. A través da súa actividade, a galería establece un diálogo entre artistas, contexto e procesos, apostando por un acompañamento sostido no tempo.

Vilaseco pasou por diferentes etapas desde os seus inicios con Ana Vilaseco (2003–2011), quen impulsou a galería e integrouna no circuíto cultural de Galicia. Seguiulle a etapa de Vilaseco Hauser (2012–2014), durante a cal o proxecto se abriu a iniciativas internacionais.

Desde 2014, baixo a dirección de Miriam Vilaseco, a liña galerística céntrase principalmente na arte contemporánea conceptual e abstracto. A galería desenvolveu unha forma de repensar o seu propio formato, traballando cos artistas a longo prazo, acompañando os seus procesos creativos e poñendo ao seu dispor un espazo de produción en San Cristovo de Mouricios, unha aldea de Lugo, onde se traballa desde a tradición, o afecto e a colaboración.

Alén da programación expositiva, contamos cun amplo fondo de galería orientado a apoiar a quen desexa iniciar ou consolidar unha colección de arte. Así mesmo, desenvolvemos unha liña editorial desde a que publicamos libros de artista e producimos edicións limitadas, facilitando o acceso á adquisición de obra e dando continuidade ao noso compromiso coa creación contemporánea.

Plano da galería

Galería Vilaseco 
Rúa Padre Feijóo, 5-1º
15004 A Coruña

T: +34 981 216 252 /+34 627484802 
E-mail:  [email protected]

Horario de apertura: Luns a venres de 11 a 14 h e de 17 a 20h / Sábados e fóra de hora, con cita previa.

   Vilaseco forma parte de:

Web realizada co apoio de: