
Ciclo Convidados
A galería Vilaseco abre un novo ciclo, CONVIDADOS, para consolidar o seu compromiso coa creación contemporánea invitando a comisarios independentes a desenvolver propostas de exposición onde se dean a coñecer novos creadores.
Con este evento, que será anual, Vilaseco pretende acoller e facilitar un espazo en Galicia para os creadores que aborden a arte contemporánea doutras áreas e contextos, chegando así a un público máis amplo e diverso a través da visión dos comisarios / as independentes. Deste xeito, ambas partes, galería e comisarios, colaboran transversalmente, ao tempo que avanzan na transformación que está experimentando o mundo da arte no século XXI.
Este programa encaixa perfectamente na programación cultural levada a cabo polo Laboratorio Creativo de Vilaseco dende 2014, que inclúe proxectos multidisciplinares arredor da cultura contemporánea.
Exposicións

Romantic Bullets Position Effectively é a segunda proposta do ciclo Convidadas, comisariada por Sonia Fernández Pan.
Artistas: Alex Reynolds, Cristina Spinelli, Nora Aurrekoetxea e Ran Zhang.

O pronunciamento foi a primeira exposición da serie Conviados, con Ángel Calvo Ulloa como comisario convidado.
Artistas: Carla Souto, Carme Nogueira, Diego Santomé, Jorge Varela, Mar Ramón e Rodríguez-Méndez