Un proxecto do Concello de Lugo, coa asesoría técnica do Laboratorio Creativo Vilaseco.
VER WEB DE CONNEXIO

“CONNEXIO, espazos para a reflexión”, é unha convocatoria lanzada polo Concello de Lugo para promover o patrimonio arquitectónico de Lugo, o Camiño Primitivo do Xacobeo e estimular o tecido artístico, empresarial e turístico da comarca, establecendo conexións entre os axentes culturais, o barrio e os peregrinos converténdoos en participantes e parte activa do proxecto.

Os premios tiñan como obxectivo levar a cabo seis intervencións artísticas, doutros tantos creadores, que levaron a arte contemporánea a seis igrexas do rural galego, situadas na ruta de peregrinación do Camiño Primitivo ao seu paso por distintas parroquias do concello de Lugo, buscando así un espazo para a reflexión e o diálogo entre a arte sacra e a arte contemporánea.

Dende o Laboratorio Creativo Vilaseco asesoramos e coordinamos a parte técnico-artística destes premios na súa primeira convocatoria.