Una mirada particular

Colección Carlos Rosón

Catálogo Unha mirada particular

EDITA: Galería Vilaseco Hauser / La Fundación Rosón Arte Contemporáneo
Ver catálogo >

Unha mirada particular / Colección de Carlos Rosón

Ano 2012

A galería Vilaseco Hauser, entre cuxos proxectos figura unha exposición anual dedicada ao coleccionismo, ofrece “Unha mirada particular”, con obras da colección do pontevedrés Carlos Rosón.

“Unha mirada particular”, con obras da colección do pontevedrés Carlos Rosón, quen comeza a súa paixón por coleccionar arte contemporánea –segundo propia confesión– por mor dunha exposición realizada pola Deputación de Pontevedra. Inicia así unha andaina no ano 1993, partindo de adquisicións do informalismo dos anos 50, especialmente do grupo “El Paso” e continuando coas xeracións máis novas; no ano 2007 crea a Fundación Rosón Arte Contemporánea ( Rac).

Son 16 os artistas seleccionados para esta mostra, entre os que se atopan nomes coñecidos, como Canogar, Leiro, Rafols Casamada, Menchu Lamas ou Pérez Villalta. A obra de Canogar: “Varo”, de 1959, pertence ao momento álxido do informalismo e por iso é polo que sexan a materia e o trazo potente os protagonistas, compoñendo un seo en V, unha especie de sinclinal de expansivas forzas escuras. Dous debuxos de Leiro, con traza de bosquexos para esculturas: “Hércules” e “Un domingo”, revelan a súa particular inclinación polos temas de personaxes expresivos e potentes. “ Creta”, de Alberto Rafols Casamada, é un excelente cadro que evoca, en tons cálidos do ocre ao siena, un espazo inquietante e @sombrío, unha porta de acceso aos misterios do labirinto onde agardaba o Minotauro.

“Os ritos da beira” é un deses grandes cadros de Pérez Villalta traspasado de estrañeza mítica e de hieratismo arquetípico, con mares quietos, barcas varadas, fornos alquímicos e pescadores de soños. A escultura Twins, de Txomin Badiola, confeccionada con barras metálicas, responde o ideal constructivista de liñas e planos ortogonales que repousan como un edificio, á vez que buscan o aire.

Fotografías de Antoni Muntadas falan do continuo ir e vir, do On traslation das multitudes, xa sexa para coller un avión, visitar un museo ou unha catedral ou facer cola ás portas das oficinas de inmigración; fronte a iso, Sara Jones fotografa o estereotipado mundo burgués, Teresa Hubbard a unha nova atrapada no Arsenal de coca cola e Esko Mannikko dá vida a estáticos retratos de cariz étnico. Un plano verde de Knoebel, unha xanela verde de Rondinoni, un muíño de vento de Slominski, unha paisaxe de Murado e dúas formas diferentes de figuración expresionista de Susy Gómez e M. Lamas completan a mostra.