Tormenta

Francesc Torres

Tormenta / Francesc Torres

Ano 2010

Tormenta é a primeira exposición individual do artista en Galicia, composta de fotografías e xilografías realizadas nas súas estancias estivais en Carnota.

Tamén presentamos a peza A vista de Munchausen, composta por un texto inédito e once fotografas numeradas e asinadas polo artista e editadas por Raiña Lupa.

Frances Torres (Barcelona, 1948)

Artista visual. Viviu en Paris de 1967 a 1969. Trasladouse a Estados Unidos en 1972 (Chicago). En 1974 instalouse en Nova York onde ten estudo desde entón. Entre 1986 e 1988 viviu en Berlín a través dun programa de intercambio académico do goberno alemán. Actualmente atópase en Barcelona por un período de tempo indefinido.

O seu traballo atópase en numerosas coleccións públicas e institucionais en todo o mundo. Varios proxectos seus foi financiados pola Rockefeller Foundation e a Bohen Foundation de Nova York, e pola American Center Foundation de Paris. Recibiu o National Endowment for the Arts Individual Fellowship en catro ocasiones, o New York Council for the Arts Fellowship en dúas ocasións, o Massachusetts Council for the Arts and Humanities Fellowship, o New York Foundation for the Arts en dúas ocasións, a D.A.A.D. do Goberno Federal Alemán, o Premio Emil Radok da Universidade de Praga, o Premio da Fundación Picasso, e a Fulbright Fellowship de intercambio académico. É Premi Nacional d’Arts Plástiques da Generalitat de Catalunya. Recentemente ocupou a Cátedra de Cultura e Civilización Española no Centro Rey Juan Carlos I de España da Universidade de Nova York.