Ran Zhan

Resolution of Traits 3.1/3.2, 2019
Obxectos ficticios envolven a estrutura cristalina da dineína citoplasmática humana de lonxitude completa.
Acrílico, acuarela, tinta e pigmento sobre impresión inkjet
170cm x 112cm (c/u)

Grazas a unha metodoloxía baseada en conexións e achados sensibles Romantic Bullets Position Effectively empeza a tomar vida con Resolution of Traits 3 de Ran Zhang, onde a artista constrúe obxectos ficticios ao redor dunha estrutura proteica para mostrar unha realidade molecular que non pode ser vista pero que necesita dunha experiencia visual para ser entendida. As proteínas motoras nas que se interesa Ran son responsables de convertir a enerxía química en traballo mecánico dentro de moitos organismos, permitindo non só que nos movamos, senón que podamos ver.

Biografía Ran Zhang

Nacida en Tianjin, China, vive en Rotterdam e Berlín. Ran Zhang graduouse na Gerrit Rietveld Academie en Amsterdam. Asistiu ao programa de residencia de artistas en Rijksakademie van beeldende kunsten en Amsterdam de 2011 a 2013. Recibiu o premio de ouro e o premio de bronce do Danfoss Art Award en 2008; Amsterdam Fonds voor de Kunst Ontwikkelbudget e Mondriaan Fonds Werkbijdrage Jong Talent en 2014. A súa obra forma parte da colección permanente no Museo Hexiangning desde 2015 e na colección Artothek en N.B.K. desde 2020. Algunhas das exposicións recentes de Zhang son ‘Resolución de rasgos’ en L’ahah en París e ‘Enantiómeros y rastros’ en Galeria Plan B en Berlín en 2020.