Shop

In stock

Amparo / Berta Salinas

600,00

Amparo, 2024

Berta Salinas
Amparo
Peza Téxtil en caixa de aceiro inoxidable gravada con diamante
Dimensións variables
2024

Editado e publicado por Edicións Vilaseco

5 dispoñibles

Category:
Share:

Peza téxtil de Berta Salinas, realizada con teas de distintas cores e texturas. Cada Amparo vén gardado e dobrado sobre si mesmo, nunha caixa cadrada de aceiro inoxidable acompañada dunha publicación en papel e un texto da historiadora da arte contemporánea Ana G. Chouciño:

(…) Retrincos de algodón, liño e seda; gramaxes, tramas, brillos e mates. Berta une os tecidos de dous endos, dialogan entre eles, invocan aos vellos panos desgastados; tamén ao oco xerado entre nós e as tendas de campaña, onde sentimos a salvo.

Seis ollais bordados por ela rachan cada unha das teas. A través dos buratos penetran os ventos: tiras longas e estreitas, como as que suxeitaban os mandís ás cinturas das nosas avoas, sosteñen agora as teas ante o baleiro. A súa tensión, variable e supeditada á nosa forza e ás nosas ganas, modifica unha superficie cálida e flexible: pode ser lenzo en branco, pero tamén abrigo.(…)

Berta Salinas (Madrid, 1982) é licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid e titulada na Escola de Cinema. Na actualidade combina o seu traballo en Dirección de Arte coa súa faceta artística.

Partindo do debuxo, o gravado e a fotografía, a súa práctica evolucionou cara ao bordado. Salinas leva anos investigando sobre o tecido e contándonos historias a través das súas pezas téxtiles.

Nas súas fotografías existe unha reflexión ao redor das conexións entre as persoas e obxectos que nos rodean; destas imaxes parten moitos das súas pezas. Berta crea un imaxinario a partir da anatomía, da natureza e dos obxectos cotiáns, unha exploración da súa esfera íntima que, con todo, acóllenos a todos.

Esta peza foi exposta na exposición colectiva Múltiples, 2024.

Dimensións 26.5 × 26.5 × 4.5 cm