Teo Soriano

Mérida, Badajoz, 1963

Teo Soriano estudou na Facultade de Belas Artes de Salamanca e Pontevedra. A súa formación académica amplíase coa asistencia a numerosos e diversos talleres en Galicia e Madrid, entre os que están os impartidos por artistas como Lucio Muñoz, Rafael Canogar ou Eva Lootz. A súa primeira exposición data de 1985 na Coruña titulada “Las Algas”. A partir de aí, a súa obra comeza a verse en exposicións individuais e colectivas que se organizan en galerías, museos e centros de arte de toda España. Entre as súas exposicións atopamos “Cóbado manchado de azul turquesa” no Centro de Exposicións Kiosko Alfonso da Coruña, “27 negros” no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela, “O bosquexo do mundo” na Fundación Luis Seoane da Coruña, “Puntos de pintura” no Centro Torrente Ballester de Ferrol, ou “Novas adquisicións” no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela. Así mesmo, colaborou con varias galerías como a galería Trinta de Santiago de Compostela, a galería Paloma Pintos de Santiago de Compostela, a galería Miquel Alzueta de Barcelona e Madrid ou a galería Fernando Pradilla de Madrid, entre outras.

A súa obra foi exposta nos stands de numerosas feiras nacionais e internacionais como Arco (Madrid), Art Chicago (Chicago), Art Madrid (Madrid), The Armory Show (N.Y.).

Obra dispoñible

El desencanto / 2020

Partindo dunha selección de obras do artista, que datan dos anos 90, faise unha viaxe a través do traballo do creador da man de Carlos Maciá, materializándose así unha proposta iniciada polo propio Teo Soriano coa galería no 2016. O A mostra ten un total de 10 pezas, unha delas é un políptico composto por 20 obras mixtas sobre papel, de 20 x 20 cm.