Tras seis anos traballando sobre o territorio na Ribeira Sara, en maio de 2022 abrimos o noso novo espazo no rural, en San Cristovo de Mouricios (Chantada), unha pequena aldea galega de 54 habitantes desde donde continuaremos promovendo a arte e a cultura contemporánea, dando cabida a novos formatos a través da reflexión, o debate, a produción e a convivencia no medio rural.

Unha antiga granxa de gandería transformouse converténdose nun espazo aberto á arte contemporánea no rural de Galicia. O espazo destaca pola súa singularidade arquitectónica, onde a luz natural e a carballeira, na que está ubicado, teñen un especial protagonismo. Para a parte técnica de construción contouse con diversos profesionais da zona, que traballaron en colaboración con Miriam Pérez, precursora do proxecto, e o artista Rodríguez-Méndez, ambos responsables do deseño.

Está situado dentro da finca OsCasares, un proxecto polivalente que promove o encontro, o coñecemento desde a cercanía, os aprendizaxes, e os intercambios culturais.

Espacio Vilaseco 

San Cristovo de Mouricios, 2
27510 Chantada Lugo
42º 37’ 59.5” N 7º 50’ 31.4” W

Horario: xuño e xullo: venres e sábado de 12 a 14 h e de 18 a 21 horas.
Fóra de horario, baixo cita previa en  / 981 216 252 / 627 484 804

Exposición actual: Snapshots de Chantada