
Shop
Sen título, 2021 / Irma Álvarez-Laviada
570,00€
Sen título, 2021
DM e aglomerado
13 x 13 x 13 cm
12 + 1 PA
A peza que aquí se presenta aprópiase da estética dos mostrarios de materiais estandarizados, como o DM, usados habitualmente polas empresas e fabricantes na distribución e comercialización deste tipo de produtos industriais.
2 dispoñibles
Sen título, 2021
DM e aglomerado
13 x 13 x 13 cm
12 + 1 PA
Irma Álvarez-Laviada traballa dende fai anos no campo da pintura expandida a partir de diferentes propostas onde as linguaxes que a artista viña desenvolvemento ata ese momento, que sempre xiraron en torno ao concepto do baleiro e a súa relación con disciplinas como a pintura, a escultura ou a arquitectura, independízanse dos soportes tradicionais para buscar una relación de inversión cos materiais.
A peza que aquí se presenta aprópiase da estética dos mostrarios de materiais estandarizados, como o DM, usados habitualmente polas empresas e fabricantes na distribución e comercialización deste tipo de produtos industriais.
Mediante a superposición de diferentes pranchas de DM e aglomerado constrúese unha pequena base/pedestal que, máis alá de afirmarse na súa condición de apoio dun obxecto ou elemento físico, pon o punto de atención xusto na idea contraria: na ausencia do obxecto, lanzándonos a unha versión descritiva da súa propia materialidade e a ausencia como unha posibilidade de narración, acentuando así a idea de soporte. A elección do DM responde a un interese polo seu marcado carácter construtivo; trátase dun material propio do ámbito da arquitectura destinado a asumir capas, facendo un uso do mesmo que remata por anular as súas características materiais. Nesta peza dáse a ver o material, amosándoo cru, sen intervir, mediante unha formalización que trata de respectar unhas propiedades físicas que revelan a súa procedencia industrial.
Tanto a metodoloxía de traballo como o proceso apelan á potencialidade destes materiais, á súa posibilidade de ser e a pensarse dende a súa condición de materia, unha materia que non se caracteriza xa polo que é en particular e epidérmico, se non polo que é máis profundo e concreto dela, converténdose en parte substantiva do pensamento lóxico cando é re-articulada dende o campo creativo.
Dimensións | 13 × 13 × 13 cm |
---|