Shop

In stock

Mesa de nogueira / Antonio Murado

Mesa de nogueira americana e prata. 95 x 280 x 74 cm. Colaboración con Frank Buschmann

SKU: AM01
Category:
Share:

Mesa de nogueira americana e prata. 95 x 280 x 74cm
Colaboración con Frank Buschmann

Inspirada pola mesa Judas (1948) de Finn Juhl, chamada así polos seus amigos porque as bisagras da superficie, ocultas por círculos, sumaban 30, deseñei esta mesa en forma de embarcación, con patas suxerintes de movemento, de viaxe. Simbolizando a experiencia da vida.

Os 30 discos de prata incrustados na superficie da tapa foron lanzados aleatoriamente sobre a superficie da mesa, reproducindo o xesto de desdén impulsivo.

O tradicional costume de dar as grazas polo pan, polo alimento, leva implícita a admisión dun sacrificio previo, aquí representado polas 30 moedas de prata.

Esta peza estivo exposta en Apartamento, terceira exposición individual do artista Antonio Murado en Vilaseco, na que transforma a galería nun apartamento.

+ sobre o artista