Shop

In stock

Caixas de música / Luis Díaz Díaz

600,00

Cajas de música
Luis Díaz Díaz
25 fotografías de 11 x 14,3 cm
Impresión Giclée de tintas pigmentadas sobre papel baritado de 325 g m2
Edición 25 ejemplares

Editado y publicado por Ediciones Vilaseco

Texto: Antonio Giráldez
Impresión: Zlick
Caja: Manchea S. Coop. Galega

5 disponibles

Category:
Share:

Serie fotográfica de Luis Díaz Díaz que revisita e documenta os espazos de celebración no rural galego e os seus palcos de orquestra. Un total de 25 fotografías foron seleccionadas para esta edición de Vilaseco con texto de Antonio Giráldez López.

(…) Parte de esta xenealoxía do popular é arquivada de xeito sistemático pola mirada de Luis Díaz Díaz. A través do seu proxecto podemos reconstruír unha cartografía de parroquias, campos da festa e comisión imaxinando os itinerarios percorridos dende 2008 superpoñéndoos a un territorio de diferentes densidades de coordenadas, palcos e romarías. Os baleiros neste mapa non falan de ausencias senón de fitos aínda por rexistrar, convidándonos a asumir tamén esa tarefa. Un arquivo vivo que non só nos fala das construcións, senón de todo o que elas conteñen, onde ler a súa evolución, pero sobre todo que nos convida a reconstruír todo aquelo que queda fóra de foco, noutro tempo pero no mesmo espazo. (…)

Luis Díaz Díaz (A Coruña, 1978) fotografa o territorio de maneira sólida e pausada prestando atención aos elementos que permiten tender fíos entre a memoria e o contemporáneo, entre o local e o global, o material e o inmaterial.

A súa traxectoria artística levoulle a expoñer tanto a nivel nacional como internacional en proxectos individuais e en colaboración co colectivo Todo pola Praxe. Como fundador de 30e3.com, plataforma dedicada á fotografía española contemporánea, contribuíu á promoción e difusión do talento emerxente. O seu labor como fotógrafo editorial e de arquitectura foi amplamente recoñecida, sendo publicado en medios editoriais de todo o mundo.

Esta peza foi exposta na exposición colectiva Múltiples, 2024.

Dimensiones 15.5 × 13.5 × 10.5 cm