N A D A R

Vari Caramés

Catálogo: NADAR / Vari Caramés
Ver catálogo

NADAR / Vari Caramés

Ano 2010

Nada é un concepto para afundirche (tamén un imperativo; non te afundas). Nadar foi un francés mestre, para os que fan de de mirar o seu oficio, nas artesanías da sinxeleza.Nadar, o infinitivo, enuncia unha pregaria para os que van afogar bágoas na auga; aínda que sexa igualmente o incrible pracer da única caricia que podes sentir  simultánea en todo o corpo.En fin, nadar, segundo creo ver nas miradas de Vari, é o mellor medio para para que os máis prácticos atopen como acabar de escribir na auga esas mensaxes que, de bebés, empezaron gateando sobre a alfombra do salón.

Extraido do texto, Instantáneas da emoción, de Luís Rei Núñez.

Primeira edición, novembro de 2010.

Vari Caramés

Vari Caramés é un fotógrafo galego da Coruña, cidade na que actualmente vive e traballa. É un incorrixible perseguidor do azar, as sombras fuxidías e os encontros que só presuntamente son fortuítos. É autodidacta e con máis de tres décadas de dedicación ás súas costas e unha obra de personalísimo trazo que o coloca entre os fotógrafos españois máis singulares do noso tempo, é un cazador de imaxes “en volume baixo e alta fidelidade”. Interésalle especialmente conseguir que algo cotián e ordinario resulte extraordinario.

Busca suxerir, evocar e facer soñar ao espectador: a realidade, tal cal, resúltalle recalcitrante. Amante do intemporal e do indefinido. Aprende a conseguir efectos dos defectos. Non lle interesan as modas e as tendencias. Actualmente utiliza o branco e negro e cor indistintamente, aínda que ata o ano 2000 só traballaba en branco e negro. Tal e como destaca tamén a web do autor: “Nunca pretendeu vivir da fotografía, agora non pode vivir sen ela.”

Fonte do texto: FotoColectania