Studio Storms

Lluís Lleó

Studio Storms / Lluís Lleó

Ano 2008

Unha colección de obras inéditas do artista catalán Lluís Lleó. A exposición individual Studio Storms consiste nunha serie de debuxos sobre papel nepalí e unha instalación titulada The perfect year, que consta dun cilindro de aluminio no que o espectador pode introducirse e observar a obra que habita no seu interior, ademais o público poderá observar varios lenzos de gran formato.

Pertencente a unha familia de artistas e artesáns que se remonta a catro xeracións, Lleó (Barcelona, 1961) formouse no taller do seu pai, observando unha e outra vez como se elaboraban e aplicaban os pigmentos, atendendo ás máis diversas explicacións acerca das técnicas e dos procedementos e visitando os museos e igrexas rurais nas que se conservan os restos da pintura románica catalá.

En 1989 trasladouse a vivir a Nova York, un feito que foi definitivo na súa carreira. A obra de artista catalán atópase en numerosas coleccións internacionais de prestixiosos centros de arte como o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid, o Museo de Nagoya de Xapón, o Museo Sofía Imber, en Caracas ou o World Bank de Washington, entre outros.

Catálogo: Studiostorms / Lluís Lleó

Multitude de reproducións a todo cor de obras de arte. É o catálogo da exposición organizada conxuntamente pola coruñesa Galería Ana Vilaseco e pola barcelonesa Galería Raíña Lupa en 2009. Textos traducidos ao galego e ao catalán. Texto orixinal en inglés de Joanna Kleinberg. Deseño de Alex Piñeiro e Rocío San Claudio Santa Cruz.

Ver catálogo