Sonia Navarro

Puerto Lumbreras, 1975

Sonia Navarro aprendeu costura e xastraría das súas avoas, antes de obter unha Licenciatura en BA pola Universidade de Granada e un Máster en Fotografía en Efti. Obtivo numerosas bolsas, destacan a de Artes Plásticas do Ministerio de Cultura no Colexio de España en París e a da Real Academia de España en Roma do Ministerio de Asuntos Exteriores. Desde o anoo 2000 participa en ARCO da man da Galería T20, e en numerosas feiras nacionais e internacionais. Realizou exposicións individuais en galerías nacionais como T20 (Murcia), Mais Art (Barcelona), Ad hoc (Vigo), Galería Vilaseco (A Coruña), en Espazo AV/AV de Murcia e internacionais como Ybakatu, Curitiba (Brasil) e Galería Pedro Oliveira (O Porto), ademais da mostra individual en Citeina de Paris.

Ten obra en diversas institucións como nas CCAA de Murcia e de Madrid; nos Ministerios de Traballo e Asuntos Sociais, de Cultura, de Asuntos Exteriores; na Universidade Rey Juan Carlos (Madrid); a Fundación Cajamurcia e a Fundación Entrecanales; Feval Estremadura, e as Coleccións DKV, Mariano Yera, Kells e a Sala Verónicas en Murcia. Na actualidade forma parte do proxecto Nave O Porto.

Exposición: Lindeira

Lindeira

Primeira exposición individual de Sonia Navarro en Vilaseco. Co título Lindeira, a artista quere sinalar a necesidade das mulleres de romper cos lindes, as fronteiras e os límites que lles impoñe a sociedade.