Silencios habitados

Lucio Muñoz

Silencios Habitados / Lucio Muñoz

Ano 2004

A exposición “Silencios Habitados” de Lucio Muñoz (Madrid, 1929-1998) mostra 8 pezas únicas que datan entre 1987 a 1997 e 17 gravados realizados entre 1970 a 1997.

Lucio Muñoz naceu o 27 de decembro de 1929 en Madrid. Este representante do realismo madrileño tivo a súa formación na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid. Bolseiro polo goberno francés, en 1956 viaxou a París, onde tomou contacto coa tendencia francesa “Art Autre”, o que provocou nel o interese pola abstracción. Así, dos inicios realistas, evolucionou cara ao informalismo. Substituíu o lenzo pola utilización de madeiras, papeis queimados e materiais de refugallo. En 1962 realizou o gran mural para a ábsida da Basílica de Arantzazu e posteriormente, cara a 1968, a súa obra variou cara a unha etapa máis realista. Nos anos 80 volveu utilizar a madeira nos seus traballos. Os seus murais máis significativos, xunto ao realizado para decorar o retablo de Arantzazu, foron os que creou para o aeroporto de Barallas e o edificio Indubán de Madrid e o teito da Casa do Cordón de Burgos.