Rodríguez-Méndez

Pontevedra, 1968

Rodríguez-Méndez Rodríguez-Méndez é licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Traballa en proxectos que implican linguaxes diferenciadas que interveñen sobre a incorporeidade do material e a palabra. Linguaxes que analizan e responden aos inaprehensibles principios da escultura e da experiencia esencial e física do ser humano.
A súa obra expúxose de modo individual en centros como o S.M.A.K. de Gante, o MARCO de Vigo, Abierto x Obras (Matadero Madrid), CaixaForum Barcelona, o Instituto Cervantes de Madrid, a Yaddo Foundation de Nova York, a Galería Formato Cómodo de Madrid e, proximamente, no CA2M de Madrid e no espazo Sirvent de Vigo; así como en proxectos colectivos no CGAC de Santiago de Compostela, Montehermoso (Vitoria-Gasteiz), a Fundación Artos en Nicosia (Chipre), o IVAM, a CaixaForum de Barcelona, o Contemporary Arts Center de Cincinnati (Ohio, EUA), o Conde Duque de Madrid, o S.M.A.K. e o Vooruit Arts Centre de Gante (Bélxica), a LABoral de Xixón, a Fundación Sa Nostra de Mallorca, o MAC Gas Natural Fenosa da Coruña e o CCCC (Centre del Carme Cultura Contemporània) de Valencia, entre outros.
Recoñecéronlle a Bolsa da Fundación Botín, as Bolsas Iniciarte, a Fundación Bilbao Arte, a axuda á promoción da Arte Española do Ministerio de Cultura, as Bolsas Matadero Madrid, a Bolsa Casa de Velázquez de Madrid, as Axudas á Creación e Produción da Xunta de Galicia, as Axudas á creación en Artes Visuais da Comunidade de Madrid; foi bolseiro da Fundación Arte y Derecho e premiado en “CONNEXIO, espacios para la reflexión”, Lugo.
Foi convidado ao programa de Residencias na Yaddo Foundation de Nova York, ao Ateliê Fidalga de São Paulo e ás Residencias Kiosko en Santa Cruz de la Sierra (Bolivia). Recentemente outorgáronlle o premio á traxectoria do Festival Plataforma en Santiago de Compostela e editou o seu último libro (editorial: librosdelaresistencia) en colaboración coa poeta Chus Pato, no que inclúe textos poéticos e proxectos baixo o título La Puerta Natural. A súa obra forma parte das coleccións: DKV, CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) e o S.M.A.K. de Gante.
Actualmente é profesor de Escultura na Universidade de Salamanca, USAL.

Descargar CV

Exposicions

Antes, la fatiga / 2023

Antes, la fatiga consta dunha instalación escultórica en turba, unha serie completa de 24 fotografías inéditas en B/N e un libro de artista, editado e publicado por Vilaseco.

Edicións