Regina Giménez

Barcelona, 1966

Regina Giménez (Barcelona, 1966), é unha artista visual cunha obra onde predominan a colaxe e a pintura así como a exploración da xeometría e a cor. A artista sempre se sentiu atraída polas enciclopedias e os libros antigos de xeografía, astronomía ou arquitectura moderna, que introduce a miúdo nas súas composicións e obras. As súas pezas móvense entre a abstracción xeométrica e a figuración simbólica. Non obstante, adoita traballar creando series, un recurso que lle serve como vía de investigación e de experimentación. Mediante elementos recorrentes e cunha alta carga simbólica como o globo terráqueo, o faro, a torre ou o sol, a autora crea imaxes dun mundo entre o real e o imaxinario, creando espazos nostálxicos, á vez que domésticos e afastados. Giménez xoga coas imaxes, a miúdo recortadas de libros e de revistas antigas ou inspiradas nelas, apropiándose delas para descontextualizalas e desenvolver, a partir da súa reordenación, novas lecturas relacionadas co infinito creando imaxes de mundos afastados e da nosa sociedade do consumo, todos con unha grande carga poética.

Descargar CV

Obra dispoñible

Exposicións

Oh Be A Fine Girl, Kiss Me! / 2021

Regina Giménez presenta, na galería Vilaseco, o proxecto Oh Be A Fine Girl, Kiss Me! inspirado na clasificación espectral da astrónoma Annie Jump Cannon quen se centrou na cor, analizando a luz que emiten os astros e de como esta se descompón en cores. Na mostra recóllense unha serie de traballos sobre tea e papel, onde o grafismo, a cor e as formas dos astros son protagonistas.

L’architecture d’aujourd’hui / 2018

Partindo da coñecida revista histórica L’architecture d’aujourd’hui, Regina Giménez desenvolveu un proceso de traballo que analiza elementos publicitarios e os modifica dun xeito que cambia totalmente o seu significado. A través dun exercicio de abstracción, revela a súa composición gráfica e ofrece outra lectura dalgunhas imaxes relacionadas coa publicidade dos novos materiais de construción da época.

Venta online