Peter Krauskopf
Leipzig (Alemania) 1966
A produción de Krauskopf ademais de beber do Romanticismo, tamén ten influencias do Suprematismo ruso, liderado por Malevich, e da pintura de campos de cor promovida pola Escola de Nova York, que anticiparía estilos como os de Mark Rothko e Barnett Newmann, aos que o artista xermano sempre investigou. Ao longo da súa traxectoria, Krauskopf uniu tradición e contemporaneidade mediante unha linguaxe abstracta co que configura vistas de diversos formatos, nas cales inclúe outras paisaxes que o espectador descubrirá se observa detidamente.
Obra dispoñible
Exposicions
Segunda exposición individual de Peter Krauskopf, dentro da programación da galería Vilaseco.
Vilaseco Hauser (A Coruña) organiza, por primeira vez en España, unha exposición individual deste artista alemán. Elbe recolle unha serie de obras inspiradas polo río homónimo que cruza Alemaña e a República Checa.