O título da exposición fai alusión ás fotografías. Cada fotografía conta unha historia independente protagonizada por unha figura ensimesmada. Son figuras que están en momentos clave nos que pode xurdir o cambio e elas parecen aferrarse a esa especie de monotonía cando parece que algo está a piques de estalar.
Busco sempre espazos con memoria, que fan referencia tanto á súa memoria persoal -a miña infancia, os meus recordos- como á do espectador, que se atopa #ante espazos antigos ou semiabandonados. A galería ofreceume as súas salas, o mesmo espazo onde se expoñen agora esas fotos, co cal adquiren unha dimensión documental.
Nas miñas serigrafías traballo sempre coa mesma nena e vese como vai cambiando a medida que crece, os seus xogos vanse facendo máis complexos e mesmo máis duros. O modelo é unha prima miña, coa que teño un contacto moi directo, din mesmo que se parece moito a min. Ao principio experimenta, asómase ao buraco, a típica curiosidade infantil de que hai detrás da porta, esa atracción irrefreable polo descoñecido e cae na trampa. Agora a nena creceu, ten uns dez anos e asume outro tipo de riscos e de narrativas e mesmo xoga coa morte.
Rebeca Menéndez