Oriol Aribau

Barcelona, 1984

Escultor e investigador da (re)interpretación espacial. Desenvolve o seu traballo a través da observación do espazo como lugar de creación, onde intervén tanto na poética física como na material.

Os mapas conceptuais xorden dunha investigación baseada na observación da paisaxe e a memoria persoal e xeral. O imaxinario é cotián. Os materiais e as formas do urbanismo contemporáneo son o claro referente da súa obra. As cartografías urbanas de Aribau afróntanse á dicotomía dos baleiros e os cheos nos espazos e mesmo xeran de novos. Composición e descomposición xogan o mesmo papel.

“Para as súas instalacións, Oriol Aribau saca á luz as particións e os volumes producidos pola arquitectura. As construcións, os obxectos e os espazos que compoñen a cidade están ligados entre eles de maneira imperceptible, e é precisamente esta ligazón o que explora o traballo do artista. A arquitectura, as súas formas e os seus materiais constitúen a fonte de inspiración privilexiada dun transcurso de creación artística. […].”

Jean-Charles Hameau, Conservateur du patrimoine
Musée national Adrien Dubouché, Limoges

Os sinais da paisaxe persoal do artista convértense en cartografías da súa memoria; son vistas íntimas e persoais que provocan un diálogo entre o suxeito e o espazo que, evoca en certo xeito, a cotiandade. Aribau fálanos de como as arquitecturas das paisaxes aféctannos e pon de relevo a relación espazo-individuo. As condutas individuais en relación á contorna son diversas e friccionan as relacións entre contido e continente. As súas paisaxes íntimas pois xogan á inversa e, xeran contedores para chegar ao contido. Trátase dunha deconstrucción de elementos que xeran novas formas. Espazos vividos, esquecidos, deixados, futuros ou mesmo mortos compoñen a linguaxe propia do artista a partir dunha sensibilidade do lugar e dos recordos. A poética ambiental de Aribau a pesar de ter un simbolismo persoal evoca o espectador a sensacións contraditorias, e como un tipo de eterno retorno remite ao imaxinario individual.

Descargar CV

Obra dispoñible

No items found.

Exposicións

About the absence / 2018

O traballo de Oriol Aribau desenvólvese principalmente a través de obras sobre papel e escultóricas e ten como principal fonte a arquitectura, o urbanismo. O seu material, a súa principal ferramenta de traballo é a cidade, o espazo construído, moi accesible, co cal o artista interactúa de forma cotiá.

Publicacións

About the absence

Libro de Oriol Aribau, deseñado e editado por Edicións Vilaseco, con imaxes e textos de Oriol Aribau.