Oh Be A Fine Girl, Kiss Me!
Regina Giménez. 16 setembro – 19 novembro 2021
Existen tres factores para clasificar as estrelas: a clase espectral, a cor e a magnitude absoluta. Regina Giménez presenta, na galería Vilaseco, o proxecto Oh Be A Fine Girl, Kiss Me! inspirado na clasificación espectral da astrónoma Annie Jump Cannon quen se centrou na cor, analizando a luz que emiten os astros e de como esta se descompón en cores.
Cannon ordenaba os astros de maior a menor intensidade, dos máis quentes aos máis fríos e en concordancia a unha escala de cores, do azul ao vermello, a través dunha secuencia de letras capitais: OBAFGKM. Máis tarde, o astrónomo Henry Noris Russell creou unha frase para axudar a lembrar a orde das letras da clasificación estelar: “Oh Be A Fine Girl, Kiss Me!”. Esta clasificación coñécese tamén co nome de clasificación espectral de Harvard.
Na mostra recóllense unha serie de traballos sobre tea e papel, onde o grafismo, a cor e as formas dos astros son protagonistas. Inclúense ademais oito obras sobre papel, como resultado da invitación da artista a diversas persoas do ámbito cultural galego a xogar coa regra mnemotécnica OBAFGKM! en lingua galega, contextualizando así a exposición en Galicia.
O mesmo día da inauguración, ás 19 horas, houbo unha charla na galería para presentar o libro de Regina Giménez, Iremos al sol, deseñado por Desescribir e co-editado por Fabulatorio e o Patio Herreriano, Museo de Arte Contemporánea Español de Valladolid.
Os deseñadores e editores do libro, Cibrán Rico López e Suso Vázquez Gómez, conversarán coa artista sobre a realización desta publicación que inclúe textos do comisario Javier Hontoria.