Não Me Lembro Da Primeira Vez Que Olhei Para O Céu.
Nuno Sousa. 13 maio – 31 agosto* 2021
A mostra, que foi concibida hai un ano conta cun núcleo central de 14 debuxos de grafito sobre papel de gran formato pertencentes á serie Linha Funda, que foi creada polo artista portugués a partir duns clichés cartográficos da segunda metade do século XIX. A serie representa un achegamento ao firmamento xogando coa dicotomía á que chegamos cando observamos as estrelas, na que conceptos como ciencia e espiritualidade únense para mostrar conceptos como a luz, a escuridade, a proximidade ou a distancia.
Tamén de temperatura e luz, ausencia e presenza fala a instalación “Expandir a realidade”, na que cinco radiadores de DM hidrófugo, cos seus correspondentes tubos e conexións eléctricas, dialogan orientados cara ás obras convidándonos a ver esoutra dimensión invisible que é a que nos dá a percepción dos momentos segundo o ambiente que nos rodea.
Completa a exposición, a peza “Para Não Ficarmos Sujeitos a Um Exteriror Qualquer” formada por 15 contraventanas de madeira que colgadas da parede, noutra sala, xogan co espazo dentro e fóra: “a peza é unha zona de fronteira entre o interior e o exterior”, explica o artista.
Non lembro a primeira vez que mirei ao ceo, e é moi probable que non lembre a última. Detéñome, agora mesmo, nalgún lugar do intervalo entre os dous, tratando de atopar unha nova postura para definir un novo ángulo de visión, esta nova relación que busco establecer co que está encima de min; en lugar de seguir usando o punto de vista co que estiven traballando ata o de agora, o que me fixo buscar especulativamente un miradoiro extraterrestre para observar o noso planeta, agora invisto a miña posición. Cos pés firmemente asentados no noso planeta, tento identificar e recoñecer o punto de vista desde o que realizara todas as miñas observacións anteriores. Mirar o ceo é escorzar dramaticamente a diversidade de habitantes do campo visual e, aínda que a relación figura-fondo parece extremadamente clara, iso non é con todo, suficiente para aclarar calquera comprensión que non se presente como infinita. A este “fondo” baleiro, ou mais propiamente, a esta observación sen fondo, é posible agregar nubes, estrelas que relacional e tendencialmente ocupan a mesma posición e que só podemos ver e experimentar despois do anoitecer. Tamén podemos observar o satélite natural da terra, a lúa, e os máis coñecedores poderán identificar tres galaxias. Estes elementos que habitan este lugar bríndannos unha dialéctica entre perenneidad e volatilidade, entre o finito que está nos pés e o infinito que se apodera dos ollos. Brevemente, este voo do ollo pon en cuestión a condición do observador en perspectiva.
Nuno Sousa Vieira