A partir da coñecida revista histórica L’ architecture d’ aujourd’ hui, Regina Giménez desenvolveu un proceso de traballo que analiza os elementos publicitarios e modifícaos de maneira que cambian totalmente o seu significado. A través dun exercicio de abstracción, desvela a súa composición gráfica e ofrece outra lectura dunhas imaxes vinculadas á publicidade dos novos materiais de construción da época.
A galería vilaseco, conta para a presentación do proxecto expositivo coa arquitecta Naiara Montero, que xunto á artista charlarán sobre arte, deseño e arquitectura e presentarán a publicación L’ architecture d’ aujourd’ hui de Regina Giménez editada por Enric Farrés Duran para o proxecto editorial os cinco golfiños (Barcelona, 2015)
Con motivo da mostra, Laboratorio Creativo Vilaseco xunto á creadora realiza dúas edicións especiais. Unha edición de 70 exemplares da obra Dalami, en impresión giclée de tintas pigmentadas sobre papel art smooth 220 gr. Numerados e asinados pola artista. E unha alfombra baixo o título Ciatherme , edición de 5 exemplares, formato 300 x 200cm tecida a man por artesás con la 100% orgánica.