A pegada do tempo
23 MAIO – 26 XULLO 2024
A pegada do tempo, é a primeira exposición individual de Amparo de la Sota en Vilaseco. Unha mostra que recolle un total de 24 pezas téxtiles realizadas en distintos materiais, soportes e tamaños. O título fai referencia ao sinal do tempo sobre os tecidos antigos de uso cotián como poden ser manteis, panos de mesa, sabas e gasas.
Na sala principal recíbennos seis pezas, tres delas suspendidas do teito, son sabas de liño antigas tinguidas con té e/o café que conforman un pequeno labirinto que che dá a oportunidade de ver de preto o bordado a man no anverso e o reverso de cada peza.
Obras téxtiles abstractas, complexas, con diferentes ritmos e temas: mapas, tipografías e xeometrías. Completan a sala unha peza realizada sobre unha saba antiga e un tríptico sobre gasa de algodón.
Na segunda sala atopamos dúas mesas lixeiras, sobre as que se mostra unha serie de 12 panos de mesa antigos de liño e algodón. Están coidadosamente colocados para que o visitante poida observar as diferentes texturas e a delicadeza coas que están traballadas, utilizando técnicas como o nó francés ou ganchillo que logo é cosido e bordado a man.
“Todo empeza cunha imaxe, un recordo que me serve de punto de partida. Unha vez que comezo a plasmar esa imaxe na tea, van xurdindo outras posibilidades, outros camiños. No canto de aferrarme á primeira imaxe trato de manterme a cegas, nun estado de incerteza, de non saber. Non se cal vai ser o resultado. Das infinitas posibilidades, só unha faise realidade. Trátase de deixar que as novas ideas ocorran.
Esas ideas ás veces toman a forma de signos, ritmos que se repiten e van ocupando o espazo baleiro que lles serve de base e susténtaos. Xestos que se concretan en liñas que evocan a continuidade e uniformidade dos textos escritos. E é que non deixa de asombrarme a dimensión visual do texto cando está desprovisto de contido, o seu enorme poder estético.
Outras veces as ideas concrétanse en aparentes espazos, mapas, planos, campos estelares. Lugares sobrevoados coa imaxinación.”
Biografía Amparo de la Sota (Madrid, 1963)
Desde que era unha nena, tecidos, agullas e fíos formaron parte do universo de Amparo de la Sota (Madrid, 1963). A influencia dos seus pais, artistas, axudou a que estas técnicas non quedasen reducidas a finalidades domésticas, senón que se converteron nun instrumento fundamental na súa práctica artística. Unha exposición de Paul Klee foi a revelación necesaria para unir os dous mundos: cun tear, propúxose reproducir a colorida xeometría do pintor alemán, tamén a dos tecidos precolombinos.
Os liños herdados da súa nai converteríanse no soporte da súa obra: sabas, manteis, panos de mesa. Tinguidos con café ou té, crea sobre eles relatos con ganchillo e bordado, homenaxes ao tempo e aos seus silencios.
A lentitude, ingrediente imprescindible e enriquecedor na creación das súas pezas, non forza procesos. Coma se dun mantra tratásese, as pezas avanzan ao seu propio ritmo, profundas e honestas. Da mesma maneira, a súa carreira fraguouse a lume lento.
Amparo de la Sota presentou a súa primeira exposición individual en España en 2005. Actualmente o seu traballo en Madrid é representado pola galería Tiempos Modernos. Expuxo tanto en bienais como en varias das edicións de Contextile de Guimaraes, e en numerosas exposicións colectivas. Entre estas últimas, destacan Laberintos y texturas (2021), na galería Artur Ramón de Barcelona comisariada por Silvia Ventosa, na que expuxo con recoñecidas artistas como Aurèlia Muñoz o Continuities, na galería Lamb de Londres, que tuvo lugar este año.