Salvador e Juan Cidrás

Salvador Cidrás (Moaña, 1965) e Juan Cidrás (Vigo, 1968) forman, dende 2015, un colectivo artístico que investiga o medio cerámico e textil dende unha perspectiva escultórica e pictórica, respectivamente. “O noso traballo céntrase na forma e no concepto de ‘aberrante’, aquilo que se aparta do que se considera normal, natural ou correcto, en oposición ao que se aferra -a convención- ou o que é formal. As pezas maniféstanse capaces de establecer relacións entre elas e cambiar, xa sexa a través da forma, a cor e a súa instalación no espazo.”

As súas pezas de cerámica exploran a natureza precaria e a manufactura, que se volve inesperada tras a cocción. É precisamente esa cualidade de transformación a que enriquece os matices do acto creativo.

Descargar CV

Obra dispoñible

Exposicións

Esgazados / 2018

Salvador e Juan Cidrás exploran os límites dos medios cerámico e téxtil dende unha perspectiva escultórica, centrándose nas formas e texturas da paisaxe e a arquitectura da súa contorna máis próxima.