irene grau
Valencia, 1986
Doutora en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia. En 2010 recibiu unha bolsa de Excelencia Académica e de 2011 a 2015 a bolsa FPU concedida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España para desenvolver a súa Tese Doutoral. Recoñecida nacional e internacionalmente por premios como VII Premio Cervexas Alhambra de Arte Emergente 2023, Apertura Madrid 2022, Generaciones 2018, Bolsas de Creación Artística no Estranxeiro Gas Natural Fenosa 2017 MAC, Isaac Díaz Pardo de Artes Plásticas 2021, Premio Mardel Artes Visuais 2017, ou o premio Festival Off PhotoEspaña 2015. O seu traballo atópase en coleccións como o Ministerio de Cultura, Madrid; Madison Museum of Contemporary Art (MMoCA), Madison WI, US; CA2M, Madrid; Banco de España, Madrid; FCAYC, León; FUNDACIÓN MASAVEU PETERSON, Madrid; Fundación DKV, Valencia; Fundación OTAZU, Navarra; entre outros, e en numerosas coleccións privadas de Europa, Asia, e Estados Unidos.
Todo o traballo de Irene Grau fálanos de pintura e paisaxe, de proceso e desprazamento. Faino a través dunha rigorosa investigación sobre as posibilidades da pintura monocroma e de como esta se relaciona co territorio sobre todo como experimentación, como modo de ver desde a acción de camiñar. Todo o cal se mestura seguindo as tradicións da pintura radical monocroma, a pintura mural, os proceso performativos, a arte conceptual e a ecoloxía. Con frecuencia o seu traballo desenvólvese en series que son o resultado dunha longa investigación específca na natureza – in situ-, onde experimenta con diferentes materias e técnicas, para fnalizar no espazo de exposición, onde o traballo é novamente transferido e transformado para crear unha entidade coa especifcidad do espazo. O título da súa tese doutoral: ‘The painter on the Road’, resume perfectamente os seus intereses e actitude respecto a a pintura, poderiamos así dicir que Irene Grau é unha plenairista conceptual que asume que a obra é só «o que resta» dunha experiencia máis ampla que vai máis aló dunha paisaxe percorrida ou unha arquitectura estudada, pois transmitir o vivencial conleva asumir unha falta; aínda así, a súa obra deixa as sufcientes pistas para que os espectadores sexan capaces de reconstruír o camiño e orientarse na súa propia percepción.


