Artistas: Irma Álvarez-Laviada / Nicolás Combarro / Miguel Ángel Delgado / FOD/Pablo Iglesias.
Comisarios / investigadores: Érika Goyarrola y Xurxo Insua
Ideas construídas, é unha exposición que busca analizar desde diferentes perspectivas o feito construtivo. Propostas que parten dunhas mesmas premisas e ideais do que significa, ou debe significar, a arquitectura para trazar un camiño aberto, heteroxéneo e variable. A mostra aúna diferentes liñas de traballo postas en común para abrir un diálogo: variacións arquitectónicas do precario resistente; elementos do cotián como paisaxe cuxa densidade nos interpela; materiais e procedementos que participan dunha ética da provisionalidade permanente.