Exposición dunha selección de obras sobre papel, que abarca gravados en negro de 1993 ata gravados de cor de 2006.
José Pedro Croft (O Porto, 1957), considerado como un dos máis importantes representantes da arte portugués contemporáneo, cunha obra centrada principalmente no debuxo e a escultura.
A obra de José Pedro Croft está presente en importantes coleccións portuguesas e españolas entre as que se contan a Fundación Calouste Gulbenkian, a Fundación Serralves, o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofia e Museo Estremeño e Iberoamericano de Arte Contemporánea en Badaxoz, entre outras.
Agradecementos:
Tristán Barbará
Galería SCQ