O pronunciamento
17 de setembro – 13 de novembro de 2020
Artistas: Carla Souto / Carme Nogueira / Diego Santomé / Jorge Varela / Mar Ramón y Rodríguez-Méndez. Comisario: Ángel Calvo Ulloa
O pronunciamento parte dunha nova aparecida o 13 de decembro de 1857 no xornal El País Diario de Pontevedra a propósito dos disturbios que tiveran lugar o día 7 de aquel mesmo mes na Fábrica de Tabacos da Palloza (A Coruña). Segundo a crónica, os cambios introducidos na produción dos cigarros e a chegada de máquinas liadoras provocaran unha forte redución salarial e o despedimento de moitas traballadoras. Como consecuencia, o levantamento das mulleres iniciouse aquela mañá no interior da fábrica, pasando posteriormente a destruír e tirar a materia prima e a maquina- ria ao mar. Informadas do suceso, as autoridades competentes desprazáronse ata o lugar coas forzas de infantería e cabalería, onde foron recibidas polas traballado- ras cunha choiva de tellas dende os tellados da fábrica, ata que máis dunha vintena delas –máis de trinta segundo outros medios- foron detidas e trasladadas ata o cárcere do Parrote. Conscientes ditas autoridades da posibilidade de que a cidade se levantara en apoio ás cigarreiras, decidiron conducilas por mar ata o penal, sen prever que á chegada ían ser abordados por un amplo grupo de insurrectas que apedrou novamente aos militares.
O pronunciamento toma con ampla liberdade este suceso para polo nas mans de seis creadores e creadoras galegas, e analizar nos seus respectivos procesos o pouso, non da insurrección como tema, senón da estetización dos xestos que, como no caso da insurrección, poñen o seu foco no que de incorpóreo existe na axitación dos corpos, e nos recordos que, por situarse ás veces nas marxes da historia oficial, ou por inscribirse nos múltiples relatos anónimos que configuran unha historia oficiosa, non se atopan inseridos nesa crónica asimilada.
Ángel Calvo Ulloa
Artistas e obras
Esta exposición pertence ao Ciclo Convidados, lanzado por Vilaseco para consolidar o seu compromiso coa creación contemporánea invitando a comisarios independentes a desenvolver propostas de exposición onde se dean a coñecer novos creadores.