Esgazados / Juan y Salvador Cidrás

Abril 2018

“Esgazados” explora os límites dos medios cerámico e téxtil desde unha perspectiva escultórica, centrándose nas formas e texturas da paisaxe e a arquitectura da súa contorna máis próxima.

No caso da cerámica, as pezas están inspiradas nas solucións construtivas da Galicia rural: combinacións imposibles e improvisadas de metal corrugado e plafones superpostos nos tellados. A serie Uralito está creada a partir de pezas ensambladas, unindo planos de cerámica con relevo. As pezas que conforman a exposición ” Esgazados” gañan en tamaño e complexidade de formas. Un novo elemento incorporado, “a peana” marca un xogo de ensamblaxe de formas que dilúen esa idea inicial de vaso contedor converténdoo nunha sorte de muro modular. Nestas novas pezas, a superficie lisa do exterior e a textura esmaltada e brillante do interior fúndense para establecer novas relacións espaciais entre as aperturas e os volumes.

No caso dos téxtiles,  investíganse as posibilidades tridimensionales dos teares. Aproveitando a base flexible da urdimbre para desenvolver relacións espaciais entre a textura que proporciona o tecido, a madeira ou o metal do bastidor e o plano da parede. As composicións monocromas permiten crear deseños con texturas utilizando diferentes grosores de la.