Elbe / Peter Krauskopf
Ano 2013
O artista alemán Peter Krauskopf expón baixo o título Elbe a primeira exposición individual en España. As obras están inspiradas no río do mesmo nome que atravesa Alemaña e a República Checa, configurando paisaxes recreadas por pintores como Caspar David Friedrich.
A produción de Krauskopf, ademais de beber do romanticismo, tamén ten influencias do supremacismo ruso, liderado por Malevich, e a pintura de campo de cor promovida pola Escola de Nova York, que anticiparía estilos como os de Mark Rothko, Barnett Newman e Helen Frankenthaler. ao que o artista alemán sempre investigou.
Ao longo da súa carreira, Krauskopf combinou tradición e contemporaneidade a través dunha linguaxe abstracta co que configura panoramas de diversos formatos, nos que inclúe outras paisaxes que o espectador descubrirá se mira de preto.