Romantic Bullets Position Effectively

26 maio – 31 xullo 022

 

Artistas: Alex Reynolds, Cristina Spinelli, Nora Aurrekoetxea e Ran Zhang. Comisaria: Sonia Fernández Pan

Romantic Bullets Position Effectively é unha exposición que surxe da confluencia entre o desexo e a intuición. Unha sucesión de xestos elásticos conectan de maneira imprecisa unha torsión con outra desde as obras e artistas que forman parte da exposición. A noción de “twist”, en inglés, apareceu ao principio do proceso, manténdose presente e adquirindo corpo ao longo do tempo ao prestar atención a unha imaxe anecdótica: o recordo dun xeado torcido que todavía existe pero que desapareceu. Como obxecto fugaz, este xeado fai aparecer unha torsión material que se derrite pero que non pode desenredarse satisfactoriamente. Esta paradoxa material inclúe o retorcido dentro da torsión, envolvendo un concepto cunha imaxe transitoria.

Grazas a unha metodoloxía baseada en conexións e achádegos sensibles Romantic Bullets Position Effectively empeza a tomar vida con Resolution of Traits 3 de Ran Zhang, onde a artista constrúe obxectos ficticios ao redor dunha estrutura proteica para mostrar unha realidade molecular que non pode ser vista pero que necesita dunha experiencia visual para ser entendida. As proteínas motoras nas que se interesa Ran son responsables de convertir a enerxía química en traballo mecánico dentro de moitos organismos, permitindo non só que nos movamos, senón que podamos ver. A partir deste traballao invito a Cristina Spinelli coa súa peza Untitled, que propón unha viaxe material de ida e volta a través da planta de millo. Esta despréndese do seu corpo “orixinal” para convertirse en bioplástico e volver a adquirir calidades estéticas e patróns vexetais. A seriación e reproductibilidade continuas, características dos procesos industriais, tamén forman parte do que chamamos natureza, facendo uso do planeta como un gran laboratorio “do artificial”. Palais, de Alex Reynolds, desprega o proxecto cara a interminable e alienante dimensión material da burocracia. Grazas a unha serie de incursións clandestinas no enorme e inquedante Palacio de Xustiza de Bruselas, Alex documenta en primeira persoa as reviravoltas, ruinas, os ascensores, pasillos e diferentes pisos dun edificio tan laberíntico como espectral. Este contén e oculta á vez a ordinaria realidade da burocracia dentro do impoñente poder simbólico e efectivo da arquitectura institucional. Besoa, Klit, Lepokoa e Trentza de Nora Aurrekoetxea reúnense en Romantic Bullets Position Effectively para deter sen concluir unha deriva intuitiva de xestos e torsións conectados a través da presenza e materialidade constituínte das obras. As catro pezas trenzadas de Nora producen formas estables para a intimidade de xestos que surxen do hábito do provisional e perecedoiro. Creando un sistema de relacións que tamén inclúe os continuos intercambios entre o natural e o artificial -tanto na súa formas como nas súas calidades materiais- Besoa, Klit, Lepokoa e Trentza volven ao impulso inicial deste proceso comisarial intuitivo de xestos e enlaces orgánicos indirectos que suxire unha estrutura circular para outras direccións posibles.

Sonia Fernández Pan

Artistas e obras

Esta exposición pertence ao Ciclo Convidadas, lanzado por Vilaseco para consolidar o seu compromiso coa creación contemporánea invitando a comisarios independentes a desenvolver propostas de exposición onde se dean a coñecer novos creadores.

En colaboración con:
ColaboracionXuntaSm
Descargar texto comisarial (PDF)
Descargar folla de sala (PDF)