Carla Souto
A Coruña, 1994
Nacida no inverno rodeada de castiñeiros. Case primavera.
Carla Souto é graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e Máster en Escultura pola Universidade de Lisboa (Portugal). O seu traballo foi exposto en Sant Andreu Contemporani (Barcelona), Sala Amadís (Madrid), ART Mustang (Elche), Galeria Monumental (Lisboa), Pazo da Cultura de Pontevedra e Museu da Imagem e Som de Florianópolis (Brasil) entre outros lugares onde chegou a parar.
Pregúntome sobre cousas que pasan sobre o chan.
A interacción entre a natureza e o espazo público e como a política dos territorios define os nosos comportamentos.
Como unha flor fai todo parecer máis bonito.
Obra dispoñible
Exposicións
12Miradas. Snapshots de Chantada / 2022
Exposición colectiva que recolle os resultados do obradoiro realizado dentro do programa 12Miradas coa artista Irene Kopelman e en colaboración co MUV FMJJ (Museo Virtual Fundación María José Jove).
O pronunciamento / 2020
Primeira exposición do ciclo Convidados, comisariada por Ángel Calvo Ulloa.