
Edicións Vilaseco
ArtsLibris ARCOmadrid 2023
Pabellón 7 – Stand C31
Este ano estaremos do 22 ao 26 de febreiro en ARCOmadrid 2023, na sección de ArtsLibris, orientada ao libro de artista e a autoedición, presentando novas publicacións e edicións de Gloria García Lorca, Álvaro Negro e Carla Souto.
No noso stand tamén atoparedes publicacións e edicións de Irma Álvarez-Laviada, Antonio Murado, Nuno Sousa Vieira, Regina Giménez, Rodríguez-Méndez e Oriol Aribau.
En nuestro stand también encontraréis publicaciones y ediciones de Irma Álvarez-Laviada, Antonio Murado, Nuno Sousa Vieira, Regina Giménez, Rodríguez-Méndez y Oriol Aribau.
Título: white zig, white zag
Ano: 2023
Técnica: barro refractario e esmalte. Papel Canson 250g
Ed. limitada de 8 pezas
Medidas variables
Título: Traza
Textos: María de la Vega
Tradución: Nicholas Callaway
Deseño: Álvaro Negro, Alfredo Olmedo, Pablo Ibáñez
Fotografía: Aurtática Fotografía de Arte, Álvaro Negro, Jorge Martín Muñoz
Impresión: Alva Gráfica
Papel: Pergraphica Rough de 120 g/m2
Tipografías: Miniom Pro e Trajan Pro
Encadernación: manchea
ISBN: 978-84-09-46897-3
D.L.: C 2061-2022
Libro de artista que da continuidade a Traza, primeira exposición individual de Álvaro Negro na galería. Os 120 primeiros exemplares forman unha edición especial acompañada dunha augada do artista.
A edición xeral foi encadernada á Holandesa con tea Gematex, cubertas de cartón reciclado gris pedra, calibre: 1,5mm, e estampación en golpe seco a unha tinta, utilizando un cliché de magnesio nunha Minerva Maruja.
A edición especial encadernouse á Bradel, con tapa dura forrada en tela Gematex estampada en quente con ouro mate.
Título: El iris silvestre
Ano: 2021
Técnica: bronce oxidado e prata
Libriño: “De formas e de flores. Conversa entre Carla Souto e Luz Pichel”
Ed. limitada de 12 pezas
Medidas: 90 x 35 x 30 mm
Irma Álvarez-Laviada
Título: Sen título
Ano: 2021
Técnica: DM e aglomerado
Medidas: 13 x 13x 13 cm
A peza que aquí se presenta aprópiase da estética dos mostrarios de materiais estandarizados, como o DM, usados habitualmente polas empresas e fabricantes na distribución e comercialización deste tipo de produtos industriais.
Mediante a superposición de diferentes láminas de DM e aglomerado constrúese unha pequena peaña/pedestal que, máis alá de afirmarse na súa condición de apoio dun obxecto ou elemento físico, pon o punto de atención xusto na idea contraria: na ausencia do obxecto, lanzándonos a unha versión descritiva da súa propia materialidade e á ausencia como unha posible narración, acentuando así a idea de soporte. A elección do DM responde a un interese polo seu marcado carácter construtivo; trátase dun material propio do ámbito da arquitectura destinado a asumiren capas, facendo un uso do mesmo que remata por anular as súas características materiais. Nesta peza dáse a ver o material, amosándoo crú, sen intervir, mediante unha formalización que trata de respectar unhas propiedades físicas que revelan a súa procedencia industrial.
Título: Antonio Murado. Libro de artista
Ano: 2021
Medidas: 94 x 30 cm
Texto: María de la Vega
Dirección de arte: Antonio Murado, Miriam Pérez, Carolina Núñez
Fotografía: Antonio Murado, Pascal Perich, Peter Gabriel, Laura Tabarés e Pablo Mella.
Papel: Symbol Tatami White 135g/m2
Impresión: Alva Gráfica
Encadernación: Legatoria Artes Gráficas
ISBN: 978-84-09-34875-6
Con esta publicación Antonio Murado adopta o libro como ferramenta de creación, como obxecto de arte co que rompe as regras do deseño editorial, xogando co papel e as imaxes, a inmensa maioría fotografías realizadas polo propio artista que nos ensinan os espazos nos que pinta e traballa, como o seu estudo de New Jersey ou a súa cabana de Catskill, ao noroeste de Nova York.
O libro, do que se realizou unha edición de 1500 exemplares, conta cunha edición especial de 150 encadernada a man cunha tea pintada polo propio pintor.
Título: (A)prender (de)cor quem amamos
Ano: 2017
Técnica: Tinta acrílica sobre papel e cinta adhesiva transparente encadernado en tapa dura forrada con tea.
Edición de 3 exemplares
Medidas: 27,5 x 14,3 x 1 cm
Título: Flipbook
Ano: 2021
Medidas: 175 x 107 mm
Impreso en papel estucado brillo 120gr
Impresión: Alva Gráfica
Este flipbook é unha peza da exposición individual de Nuno Sousa Vieira Não me lembro da primeira vez que olhei para o céu que tivo lugar na Galería Vilaseco no 2021.
O artista preséntanos con este libro en formato de foliosopio unha performance na que monta e desmonta (segundo o sentido do pase das páxinas) a escultura de gran formato Janela para sentir saudade. Unha obra realizada en caoba en bruto con bisagras de latón que se abre e se dobra como unha xanela.
O libro ten, ademais, a singularidade de que está deseñado e maquetado para ser manexado por unha persoa zurda, isto fai que nos transmita certa confusión cando se abre por vez primeira, unha chiscadela do artista a aquelas persoas que, coma el, tiveron que aprender e adaptarse aos formatos realizados para persoas destras.
Título: Declaração governada, declaração verificada, declaração simples
Ano: 2018
Editado por Irek Edições
ISBN: 9788567769165
Medidas: 29,7 x 21 cm
Este libro consta de 3 series de 15 debuxos cada unha. 15 destes debuxos fixéronse en papel azul de 25 liñas (un papel que se utilizou para os requisitos oficiais) -titulado “Declaración gobernada”-, outros 15 debuxos fixéronse en papel cuadriculado -titulado “Declaración verificada/declaración comprobada”- e os últimos 15 debuxos fixéronse en papel normal, titulados “Declaración simple”.
Neste libro, con encadernación de tapa branda, están impresos os 45 debuxos en branco e negro, dispostos ao azar. Os debuxos están documentados de anverso e reverso, é dicir, o libro permite revisar o reverso dos debuxos que a exposición impide xa que, cando se opta por amosar un lado, o outro está necesariamente oculto.
A portada do libro está composta por 45 palabras, 15 palabras teñen unha relación moi próxima co facer e cos procesos que o artista utilizou na execución dos debuxos, outras 15 relaciónanse co que se pode chamar principios conceptuais, e as últimas 15 son sinónimos aos que se lle engadiu o prefixo “re”, que evoca un segundo movemento ou ollada.
Título: Iremos al sol
Ano: 2020
Técnica: Serigrafía. 7 tintas
Papel: Somerset Antique 280 g
25 + 2 PA + 2 HC
Medidas: 100 x 70 cm
Serigrafía orixinal impresa no taller de arte La Palmera, en Barcelona. Todas as pezas foron numeradas e asinadas pola artista; os moldes, realizados por Regina Giménez, foron destruidos tras a tirada.
Iremos al sol, título desta peza, realizada con motivo da exposición de Regina Giménez no Museo de Arte Contemporáneo Español Patio Herreriano de Valladolid, inspírase na observación dos modelos de ensino baseados en gráficos e mapas comparativos, aqueles que intentaban dunha maneira máis visual que teórica facer chegar unha información científica.
Título: Iremos al sol
Año: 2021
Técnica mixta sobre cartón
Medidas: 30 x 23 cm
Título: Iremos al sol
Año: 2021
Técnica mixta sobre cartón
Medidas: 30 x 23 cm
Rodríguez-Méndez
Título: Proposición. Permear II
Impresión Glicée de tintas pigmentadas sobre papel Photo Rag Ultra Smooth 305gr 100%
Ano acción: 2013. Impresión: 2021
Medidas: 50 x 70 cm
147 fotografías de cada unha das sementes mordidas durante a acción levada a cabo por un xeómetra invitado á exposición Proposición Permear II, dentro do proxecto Diálogos improbables comisariado por Ángel Calvo Ulloa.
Na sala interior da galería o xeómetra extendido no chan introduce na súa boca, unha a unha, sementes que morde e dana levemente para escupilas despois cara o teito. As sementes no chan amplifican progresivamente o volume do corpo e á vez anulan ao público o espazo circundante onde se inscriben e encontran as dimensións do xeómetra.
Título: About the abscence
Papel: Cyclus offset 140 gr
Impresión: Alva Gráfica
Medidas: 105 x 148 mm
ISDN:978-84-09-04844-1
Libro de Oriol Aribau, deseñado e editado por Edicións Vilaseco, con imaxes e textos de Oriol Aribau.