Ardora
GLORIA GARCÍA LORCA
15 SET – 18 NOV 2022
Abrimos nova tempada expositiva con Ardora a segunda mostra individual de Gloria García Lorca na nosa galería. O título da exposición vén dun fenómeno de bioluminiscencia chamado Mar de Ardora polo cal a auga do mar brilla na escuridade co romper das ondas ou calquera outro tipo de movemento. En Galicia pode verse con máis facilidade entre finais de agosto e setembro, cando os ventos e a calor favorecen o fenómeno, a artista o vió por primeira e única vez o verán pasado na praia de Corrubedo.
Inspirada neste fenómeno, Gloria García Lorca presenta dez pezas pintadas sobre tea de algodón con pintura acrílica e unha peza de cerámica feita en barro refractario e esmalte.
A artista retoma a súa conexión coa natureza e coas estruturas orgánicas, xogando co baleiro, a luz e a sombra a través dunha composición de formas que se repiten conformando cada peza.
A paleta cromática navega entre o negro da noite e a fosforescencia e o branco da luz, en forma de tormenta eléctrica.
Acompañan a pezas dous poemas, Canción Curta e Revelación, que falan do efémero e imprevisible da luz na praia de Corrubedo, que cambia cada día.
“Para que a luz non o asolague todo abro pequenas ranuras e baleiros. Ás veces escápase e faise co espazo sempre asomándose e buscando por onde saír pero a luz e os baleiros póñense de acordo e comparten o plano de forma ordenada.
A pintura diluída penetra a través da trama de algodón buscando unha saída e suavizando as formas cortantes.
Na peza cerámica repítese a forma de liña ou cinta pero agora formando un corpo no que os espazos intermedios son a respiración das pezas marcando un ritmo e un compás nas diferentes secuencias”.
Gloria García Lorca, Corrubedo. Setembro 2022