Andrés Rodís

Andrés Rodís

Santiago de Compostela, 2020

É licenciado en Belas Artes pola Universitat Politècnica de València (2022) e máster en Investigación e Creación en Arte pola Universidade do País Vasco (2024). Actualmente realiza o seu doutoramento na Universidade de Vigo.

Nos últimos anos recibiu varios recoñecementos, entre eles foi gañador do XIV Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis (2025), Premio o Mellor Artista Emerxente de SWAB (2025), ou a concesión da Cátedra Adegas Faustino & Willy Ramos (París, 2022) polo seu proxecto Luz negra. Foi seleccionado para o Encontro de Artistas Novos EAN11 na Cidade da Cultura de Galicia, baixo a coordinación de Rafael Doctor (2021). Foi seleccionado en residencias nacionais como as Residencias Artísticas Celestino Cuevas (Reinosa, 2025), onde desenvolveu o proxecto Contacto, contorno, ou na 11 Residencia de Creación e Investigación Artística (Museu da Universitat d’Alacant, 2025), co proxecto Ad’dade. El engaño de la ortiga.

Entre as súas exposicións destacan Las esquilas las estrellas na Galería Lumbreras (Bilbao, 2025), Isabelle Dinoire no Espazo Peculiar (Oleiros, A Coruña, 2025), Gramática de superficie na Galería NÉBOA (Lugo, 2024), ou o colectiva Territorio Contemporánea 2025, Sala ABANCA (Santiago de Compostela, 2025). En 2024 foi seleccionado para a bienal PLURI-IDENTITATS. IV Convocatoria Biennal d’Arts Visuals no Museu de Iana Universitat d’Alacant (Sala Sempere, 2025), así como para a mostra colectiva Tres o Cuatro Metros, en las Juntas Generales de Bizkaia, en colaboración coa UPV/EHU. Participou tamén na mostra colectiva dos galardoados coa Cátedra Faustino & Willy Ramos na Galería Lupe Fullana (Valencia, 2023), o XXVI Certamen de NuevosPintores da Fundación Gaceta (Salamanca, 2023), Paisaxe_0 na Galería Metro (Santiago de Compostela, 2022), La imagen de la memoria na Biblioteca Azorín (Patraix, Valencia, 2022) e Hidden Sessions co colectivo Orbis Vacui no Centro Cultural Escola de Russafa (Valencia, 2020).

A súa obra está presente en coleccións públicas e privadas como a de Piramidón, Centre D’Art Contemporani, Colección Norte do Gobierno de Cantabria, a Fundación Campocerrado, KELLS Art Collection, a Colección de Arte MANGO, Juntas Generales de Bizkaia e o Museu da Universitat d’Alacant.

Exposicións