Álvaro Negro
Lalín, 1973
Álvaro Negro é un artista que vén analizado o xénero pictórico sen perder de vista as cuestións históricas que, por similitude ou contraste, son pertinentes respecto a o seu status contemporáneo. Así, nos seus traballos podemos atopar referencias á luz na pintura do Renacimento, a unha conciencia da color respecto das súas connotacións históricas, un despregue formal máis alá do cadro —na fotografía ou no vídeo—, e unha constante preocupación pola modulación do espazo e a arquitectura. As súas imaxes enraízanse na cuestión espazo-temporal, e aínda sendo moitas veces abstractas, establecen unha ligazón con experiencias do cotiá.
O seu campo de acción tamén se extende á escritura, con ensaios e textos sobre outros artistas, e ao comisariado.
Álvaro Negro está actualmente representado por F2 Galería (Madrid) e Galería Vilaseco (A Coruña).
Obra dispoñible
Exposicións
Traza / 2022
Traza é a primeira exposición individual de Álvaro Negro en Galería Vilaseco. Para esta mostra seleccionáronse un total de 11 pezas inéditas, todas elas pintadas nos últimos meses no estudo do artista na Agolada (Pontevedra) e na mesma liña de traballo que o proxecto pictórico emprendido en Roma, tras o seu paso pola Real Academia de España.