Alén / Antonio Murado

2013

En Alén, a segunda exposición individual de Antonio Murado na galería preséntanse obras recentes do artista xunto a pezas das súas series máis clásicas. Móstranse principalmente paisaxes, temática na que Murado traballa desde hai anos, o que lle levou a interesarse polos xardíns xaponés e a reinterpretar os xardíns taoístas de Kioto, cunha única mancha de pintura que se filtra na tea como o xardín faio na terra, e unha fina laca protéxeo do noso tacto.