About the absence

Oriol Aribau

Deseñado e editado por:
Publicaciones Vilaseco
Imáxenes e textos:
Oriol Aribau
Dimensiones:
105 x 148 mm
Papel:
Cyclus offset 140 gr
Impresión:
Alva Gráfica
ISDN:
978-84-09-04844-1
Ir a tienda

O traballo de Oriol Aribau desenvólvese principalmente a través de obras sobre papel e escultóricas e ten como principal fonte a arquitectura, o urbanismo. A súa materia, a súa principal ferramenta de traballo é a cidade, o espazo construído, moi accesibel, co cal o artista interactúa de forma cotiá.

As obras que se presentan en About the abscense xorden a partir desta experiencia de Aribau en relación con esta contorna física inmediata. Debuxos, que resultan de rexistros, anotacións da súa deambular polo espazo urbano. A través dunha xeometría de figuras poligonales ás veces agrupadas en pequenas illas, outras esparexidas, como ingrávidas nun espazo case baleiro, Aribau presenta unha visión fragmentada da cidade. Algo tan breve como a súa inmediata percepción dentro dunha estación de tren nunha cidade pola que nin tan só transitou, ou unha paisaxe máis detallada resultado dunha vivencia, un desprazamento máis longo. Ou talvez só un rastro evanescente de si mesmo como punto transeúnte en roteiro. Debuxos que buscan activar unha lectura do movemento e do estar nun espazo, nun tempo. Poderanse ler como notas, mapas, planos, diagramas incompletos, como detalles, pero o que quizais son, principalmente, é unha representación sintética de espazos existentes que se converten en espazos imaxinarios. Só un segmento de algo maior que apenas se albisca e que está aínda por descubrir.