A FERRO

irene grau

14 MARZO – 16 MAIO 2025

“– Cheira a ferro! – dixo o meu amigo Sergi cando baixabamos do Mauberme, un escarpado pico do extremo Norte do Valle de Arán, no Pirineo Central. Á nosa dereita precipitábase oxidado o río Unhola tintando todo ao seu paso dun vermello alaranxado. Máis arriba, de onde viñamos, as minas de Liats e Urets –unha antiga explotación mineira que no seu día extraía chumbo e zinc– abriran profundas fendas na montaña dos que agora, axudados pola auga de choiva, descendían e se oxidaban os minerais de ferro. Un descenso bastante máis fácil do que no seu día supoñía o transporte dos metais extraídos, axudados por complexos sistemas de poleas, vías e vagonetas de ferro, abandonadas alá arriba e agora tamén oxidadas. Aquel Mauberme subímolo a ferro.

De volta a Galicia baixo ata unha montaña oca, un ceo aberto do que ata os anos oitenta extraeuse cobre; a polémica mina de Touro e O Pino. É un descomunal buraco na montaña que agora, máis de trinta anos despois e axudado polo uso de tecnosoles para acelerar a aparición da vexetación, converteuse en Humidal Reactivo: unha paisaxe feita a ferro coas súas lombas graduadas e parcheadas de vexetación ‘high tech’ cun forte cheiro a xofre e metal.

Desde os cortados da mina, a constante choiva arrastra os ácidos ata chegar a ríos como o Portapego, agora completamente vermello e convertido nalgúns tramos nunha auténtica lameira arcilloso tintado de óxido, que a modo de areas movedizas bloquean todo ao seu paso. Seino porque tentei achegarme e as miñas pernas quedaron bloqueadas ata o xeonllo, así que recollín óxidos nese mesmo punto do río e saín de aí a ferro.

A partir destas dúas experiencias xermina unha serie de pinturas realizadas a ferro; que xorden de axitados procesos gravados na mesma natureza e que utilizan como materia unicamente óxido de ferro e auga de río. Tomando o ciclo da auga e o río como proceso visible dunha brutal transformación da paisaxe sucedida máis arriba, no alto dunha montaña, operada pola actividade humana da minería metálica. A ferro utiliza a forza ao arrastrar os cadros húmidos pola propia paisaxe, nun proceso no que a propia herba convértese nun caótico exército de pinceis. Fricciona coa natureza e utilízaa, e aínda así toda esa forza que queda gravada na superficie do lenzo é capaz de convivir con certa delicadeza grazas ao movemento da auga, buscando ese equilibrio natural. A vexetación non está representada, simplemente está aí e é de ferro. Igual que o río. Igual que o vento e que a paisaxe estratificado. Todo é líquido e se ondula nun movemento máis ou menos denso. A paisaxe píntase a si mesmo; a ferro”.

irene grau

 

irene grau (1986, Valencia)
Vive e traballa en Santiago de Compostela.

Doutora en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia. En 2010 recibiu unha bolsa de Excelencia Académica e de 2011 a 2015 a bolsa FPU concedida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España para desenvolver a súa Tese Doutoral. Recoñecida nacional e internacionalmente por premios como VII Premio Cervexas Alhambra de Arte Emerxente 2023, Apertura Madrid 2022, Xeracións 2018, Bolsas de Creación Artística no Estranxeiro Gas Natural Fenosa 2017 MAC, Isaac Díaz Pardo de Artes Plásticas 2021, Premio Mardel Artes Visuais 2017, ou o premio Festival Off PhotoEspaña 2015. O seu traballo atópase en coleccións como o Ministerio de Cultura, Madrid; Madison Museum of Contemporary Art (MMoCA), Madison WI, US; CA2M, Madrid; Banco de España, Madrid; FCAYC, León; FUNDACIÓN MASAVEU PETERSON, Madrid; Fundación DKV, Valencia; Fundación OTAZU, Navarra; entre outros, e en numerosas coleccións privadas de Europa, Asia, e Estados Unidos.

Todo o traballo de Irene Grau fálanos de pintura e paisaxe, de proceso e desprazamento. Faio a través dunha rigorosa investigación sobre as posibilidades da pintura monocroma e de como esta se relaciona co territorio sobre todo como experimentación, como modo de ver desde a acción de camiñar. Todo o cal se mestura seguindo as tradicións da pintura radical monocroma, a pintura mural, os proceso performativos, a arte conceptual e a ecoloxía. Con frecuencia o seu traballo desenvólvese en series que son o resultado dunha longa investigación específca na natureza – in situ-, onde experimenta con diferentes materias e técnicas, para fnalizar no espazo de exposición, onde o traballo é novamente transferido e transformado para crear unha entidade coa especifcidad do espazo. O título da súa tese doutoral: ‘The painter on the Road’, resume perfectamente os seus intereses e actitude respecto a a pintura, poderiamos así dicir que Irene Grau é unha plenairista conceptual que asume que a obra é só «o que resta» dunha experiencia máis ampla que vai máis aló dunha paisaxe percorrida ou unha arquitectura estudada, pois transmitir o vivencial conleva asumir unha falta; aínda así, a súa obra deixa as sufcientes pistas para que os espectadores sexan capaces de reconstruír o camiño e orientarse na súa propia percepción.

A ferro. irene grau
14 de marzo – 16 de maio 2025
Horario: Luns a venres de 11 a 14h / de 17 a 20h.
Sábados e fóra de horario: cita previa