Este programa, comisariado por Andrea Franco, trata de recoller a fascinación pola Astronomía e o Cosmos dunha serie de cineastas que, xa desde as orixes do cinema, exploraron a aparencia e os misterios do universo. A pantalla desprégase aquí como un ceo nocturno capaz de revelar, non só fenómenos invisibles a primeira ollada, como mostran os films de Emily Richardson ou Dominic Angerame, senón tamén fantasías extravagantes, froito da imaxinación do artista, (Segundo de Chomón, Georges Méliès…). Cinema pintado que debuxa o firmamento sobre a película (Stan Brakhage) ou os infinitos matices amarelos da esfera solar (Joseph Bernard); películas abstractas e transcendentes, onde a astronomía fúndese coas filosofías orientais (Jordan Belson); material en bruto dos propios satélites, como o recolleito polo dúo Semiconductor; ou danzas cósmicas e divertidas, como as que crean Maya Deren, Leslie Supnet ou Lawrence Jordan. O universo como un fluxo continuo de enerxía, movemento e rexeneración (Tess Martin), cuxos fenómenos, signos e sinais interpélannos desde arriba (Alexi Manis). Estes obxectos celestes son tamén (ou sobre todo), as propias películas, escintileos luminosos na sala escura. Andrea Franco
Programa II: Sábado 17 de xuño ás 21 horas
Prazas ilimitadas ata completar aforo. Podes confirmar asistencia neste formulario.
Lugar
Espacio Vilaseco
San Cristovo de Mouricios, 2
27510 Chantada Lugo
43º 00’ 36.0’’ N 7º 33’ 41.0’’ W
Obxectos Celestes. O Cinema e o Cosmos, é un programa de cinema comisariado por Andrea Franco que xorde tras a actividade de arte e astronomía realizada dentro do proxecto Vilaseco na aldea.
Coa la colaboración de: