Nora Aurrekoetxea

Besoa, Klit, Lepokoa e Trentza de Nora Aurrekoetxea reúnense en Romantic Bullets Position Effectively para deter sen concluir unha deriva intuitiva de xestos e torsións conectados a través da presenza e materialidade constituínte das obras. As catro pezas trenzadas de Nora producen formas estables para a intimidade de xestos que surxen do hábito do provisional e perecedoiro. Creando un sistema de relacións que tamén inclúe os continuos intercambios entre o natural e o artificial —tanto na súa formas como nas súas calidades materiais— Besoa, Klit, Lepokoa e Trentza volven ao impulso inicial deste proceso comisarial intuitivo de xestos e enlaces orgánicos indirectos que suxire unha estrutura circular para outras direccións posibles.

Biografía Nora Aurrekoetxea

Licenciada en Belas Artes na Universidade do País Vasco en 2013. Desenvolveu a súa práctica xunto a artista Laura Ruiz durante 5 anos (2012-2017), ambas traballando como tándem. O seu traballo baseouse nunha necesidade biográfica de responder a un momento histórico relacionado co contexto político vasco e o seu imaxinario colectivo. Durante este período de tempo fundou e dirixiu, xunto con outros dos artistas OKELA(2014-2017), un artist run space ubicado en Bilbao dedicado á arte contemporánea que propón un diálogo formal e discursivo entre artistas de diferentes xeracións do País Vasco. Este proxecto foi e segue sendo financiado polo Goberno Vasco, a Diputación Foral de Bizkaia e o Concello de Bilbao.

En 2017, recibiu a Beca da Fundación Botín coa que se trasladou a Londres (2017) para realizar un Máster en Escultura no Royal College of Art (2017-2019). Recibiu numerosas becas e premios e realizou distintas residencias, nacionais e internacionais e pronto realizará unha en Paradise Air (Tokio, 2022). A súa obra forma parte da colección permanente da fundación DKV, museo CA2M, Fundación Botín e Fundación MonteMadrid.