Cristina Spinelli

Untitled, 2021
Ácido poliláctico (PLA)
5 elementos:
ø 5,5 cm (ø 2 1/8 inches)
Dimensións variables

Estas pezas realizan unha aproximación ao conflito entre o natural e o artificial, á idea de reproductibilidade e seriación e outros procesos industriais en relación á natureza e á súa representación. Mediante a acción de traducir formas orgánicas a materiais sintéticos —que a su vez proveñen de substancias orgánicas— reflexionase sobre a idea de sinceridade material, evidenciando a homoxeneización formal dos procesos industriais, nunha sorte de subvertir a súa utilidade hexemónica.  ​​

Biografía Cristina Spinelli

Cristina Spinelli (Madrid, 1993) vive e traballa en Madrid. As súas pezas actúan como reminiscencias pero tamén como apuntes; a conxugación de diversos materiais indaga no poder representacional destes, na fantasmagoría.

O seu traballo puido verse recentemente en Centro de Arte 2 de Mayo, Madrid; Conde Duque, Madrid; Sala de Arte Joven, Madrid; Can Felipa Arts Visuals, Barcelona; Salón, Madrid; ETOPIA Centro de Arte e Tecnología, Zaragoza; Tabacalera Promoción del Arte, Madrid; Injuve, Sala Amadís, Madrid; Archipiélago, Antigua Embajada Británica, Madrid; Las Cigarreras. Cultura Contemporánea, Alicante; Medialab-prado, Madrid.