Alex Reynolds

Palais, 2020
34’33” | Color | Stereo | DCP/HD
Edición de 5 + 1PA

Sinopsis

Palais documenta en primeira persoa unha serie de incursións clandestinas no enorme e fantasmagórico Palacio de Xustiza de Bruselas. Durante algo máis de media hora, a cámara convértenos en cómplices dunha acción que só se detén ante o peligro de ser descubertxs, e que vai revelando as reviravoltas do edificio en cada toma.

Un percorrido aberto e fortuito polas galerías, rincóns abandonados, entreplantas e pasillos que conforman a súa infraestrutura, desde a impoñente arquitectura institucional ás oficinas máis vulgares. A explotación subxectiva do interminable e alienante despregue material da burocracia.

Créditos
Cámara, Montaxe: Alex Reynolds
Gradación da cor: Lennert De Taye
Mestura de sonido: Laszlo Umbreit
Deseño de créditos: Will Holder

Biografía Alex Reynolds

O traballo de Alex Reynolds (Bilbao, 1978) explora os nosos modos de relación e afecto a través de múltiples rexistros e formatos, centrada na imaxe en movemento e a performance, pero tamén traballando a instalación, o texto ou a fotografía. A práctica de Reynolds, profundamente afectiva mentres se nutre do legado do cine experimental e conceptual, xera reflexións sobre a intimidade, a mirada e a comunicación, invitando ao público a cuestionar de maneira activa o seu rol como espectador.

Alex Reynolds estudiou Belas Artes en Central Saint Martins College of Art and Design (Londres) e Chelsea College of Art and Design (Londres). Foi becada pola Akademie Schloss Solitude (2013), Fundación Botín (2016) e Fundación “la Caixa” (2020). Foi nominada aos premios ACCA (2021) e recibiu o Premio de videocreación de Loop / Ars Santa Mónica / XAV (2021). Actualmente é profesora invitada na KASK de Gante e integrante do grupo de investigación Social Acoustics/Communities in Movement.