Asumido coma periferia de periferias, o panorama artístico galego acusa historicamente unha falta de estrutura institucional que leva aos e ás nosas artistas a ter que elixir entre ficar –asumindo a falta de oportunidades que iso implica- ou marchar –certificando así que é incompatible o feito de desenvolver unha carreira internacional no campo das artes visuais dende o noso lugar de orixe-.
Por iso, tomando como referencia unha serie de experiencias desenvolvidas nos últimos anos noutros contextos que acusan problemas semellantes, Adentros formúlase coma un proxecto que quere impulsar a posibilidade de ficar –establecendo Galicia como punto dende o que poder desenvolver unha carreira artística plena- promovendo un programa de encontros que leve a diferentes axentes do contexto local, nacional e internacional a coñecer de primeira man, non só o que está acontecendo nos talleres dos e das diferentes artistas que elixiron Galicia como lugar de trabalo, senón tamén nas institucións, nos proxectos independentes, no eido das galerías e nos asuntos de interese patrimonial, que inevitablemente se vinculan coa actualidade artística.
Para este encontro, as comisarias Ane Rodríguez Armendáriz (San Sebastián, 1978), Renata Cervetto (Bos Aires, 1985), Marta Mestre (Beja, 1980) e Nuria Enguita Mayo (Madrid 1967) foron invitadas a coñecer o contexto da contemporánea. arte en Galicia, visitando estudos de artistas, museos ou/e fundacións.
O obxectivo deste encontro é invitar a comisarios nacionais e internacionais a coñecer o contexto da arte contemporánea en Galicia, visitando estudos de artistas, museos e fundacións. Este é o itinerario desta edición lucense: Salvador Cidrás e Vicente Blanco; Sarria: Trienal de Sarria e a editorial Alauda Negra; Santiago de Compostela: as galerías Nordés e Trinta, os artistas Diego Vites, Alejandra Pombo, Berio Molina, Irene Grau, Mauro Trastoy, Pablo Barreiro e algunhas institucións; Lalin: Misha Bies Golas e Antonio Taboada Ferradás “Wily”; Agolada: Álvaro Negro e o baldaquino medieval de San Xulián de Ventosa; Monterroso: colectivo organizador do festival Agrocuir.
Coa colaboración de: